terça-feira, 16 de outubro de 2018

28. LOLA SANZ


"Ría de Noia"/ Díptico/ Óleo sobre lenzo/ 113x60cm
  550,00€





LOLA SANZ

Mestra e licenciada en Filoloxía, Pedagoxía e Psicopedagoxía, esta profesora segoviana, residente en Santiago de Compostela, é un claro exemplo dunha vocación artística redescuberta ou recobrada hai poucos anos.
Afeccionada á pintura ó natural cando nena, acompañaba ás veces ó seu pai a pintar nas rúas de Segovia e mesmo participaba nos concursos infantís de pintura ó aire libre, nos que foi varias veces premiada.
É no curso 2003-2004 cando se produce, tras un longo silencio, un reencontro coa pintura, retomada aquí en terras galegas, como membro do grupo creativo Singulare_es vencellado ó Instituto Antonio Fraguas de Santiago de Compostela)
A Literatura e a investigación sobre innovación educativa conforman xunto co mundo da Arte o seu núcleo fundamental de intereses.

EXPOSICIÓNS
- Exposicións colectivas do grupo Singular_es entre o ano 2004 e o 2015 no IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela.
- Exposición colectiva no Centro Socio Cultural das Fontiñas (2009).
- Exposición no Centro de Interpretación Castro de Baroña de Porto do Son, xunto ó acuarelista Andrés Romarís (2013).
- Exposición na Casa da Cultura de Portosín, xunto ó acuarelista Andrés Romarís (2013).
- Exposición na Sala de Exposicións do Centro Empresarial do Polígono do Tambre xunto ó acuarelista Andrés Romarís (2013).
- Exposición Colectiva na Sala de Exposicións do Centro Empresarial do Polígono do Tambre. (2014).
- Participación na ambientación artística para o acto institucional da reunión de empresarios da AAET, cos artistas plásticos Nietto e Quintana Martelo. (2014).
- Exposición colectiva “From portrait to selfportrait. The Galician Album”. Proxecto do fotógrafo Antonio Nodar. Museo de Arte Contemporáneo. A Coruña (2014)
- Exposición no Proxecto “Il Grande Mosaico, Opus Magnum Spying on History with Casanova” de Manuel Carrión, Venecia (2015).
- Mural para o proxecto artístico “Meninas de Canido” de Eduardo Hermida. Ferrol. (2015).
- Membro activo de AGAEC con participación en múltiples exposicións colectivas da asociación das que destaca por exemplo, a serie itinerante “A mar Océana” en Ribeira, Porto do Son, Serra de Outes, Marín e Pontevedra dende outubro de 2015 ata novembro de 2018.

Outras exposicións colectivas de AGAEC destacables :
- Casino Pontevedra (outubro de 2015):
- Restaurante Rúa Nova (setembro-outubro de 2016)
- Concello de Cuntis: 15 xullo 15 agosto de 2016
- Hotel Los Tilos - Santiago ( Xuño/Xullo 2017)
- Exposición homenaxe a Maruja Mallo en Oroso de decembro de 2017 a xaneiro de 2018.
Ademais de colaboración con Asociacións de iniciativa social: - Hotel Puerta del Camino para FEAFES (novembro 2016 a febrero de 2017) - Tierra de Hombres en Fundación Abanka. (Abril de 2017)

Outras colectivas
- Na Asociación de empresarios do Tambre
- Xaneiro Febrero de 2017
- Outubro- novembro de 2017 - Na Sala Lustres Ribes de Ribeira “Secuencias” (xuño 2018)
- No CSC da Almáciga de Santiago (marzo-abril de 2018)
- EGAP (Maio-Xuño 2018)
- Certame internacional Gois-Oroso (Xuño-Setembro de 2018)


RESEÑA
 El mar invade a veces la paleta/

del pintor y le pone/

un cielo azul que sólo da en secreto.

(Rafael Alberti)

Para falar da pintura de Lola Sanz hai que comezar con poesía, a poesía do azul e do mar. Así podería resumirse o imaxinario creativo desta artista.
Chea de inquedanza e desexo de aprender novas maneiras, recorre a diferentes técnicas e propostas estilísticas: óleo, acuarela, acrílico…todas elas con soltura e acerto, para conseguir as mellores soluciós expresivas.
A súa pintura esixe ser contemplada sen presas, deixándose mergullar neses horizontes que se convirten nunha viaxe cara a beleza. A linguaxe plástica de Lola Sanz é, en fin, expresión lírica cun personalísimo aderezo de sobriedade castelá que a caracteriza e identifica.

(Extraído da reseña realizada por M. Calderón. 2013)

Sem comentários:

Enviar um comentário

ARTE NA RAIA II